skip to Main Content
ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 24/25 + INFO
Proxecto Erasmus+ KA101 Camiño A Finlandia: 2ª Etapa

Proxecto Erasmus+ KA101 Camiño a Finlandia: 2ª Etapa

O noso profesor Adrián Fernández González  realizou unha estancia formativa en Bath , Reino Unido, do 30 de setembro ó 6 de outubro nun curso Erasmus sobre “Ensinanza inclusiva para alumnos con necesidades educativas especiais” . Visitou e participou como profesor visitante nas escolas: Fosse Way Special School, Norton Hill School y Welton Primary School. Alí, todos os compañeiros do curso puideron compartir e intercambiar opinións e impresións, pasando inicialmente pola súa propia realidade persoal, ata finalmente poder chegar a alcanzar entre todos un punto de vista moito máis global da educación. Cabe destacar, a riqueza destos intercambios culturais en ditas estancias, xa que entre os asistentes ó curso atopábanse docentes de diferentes nacionalidades europeas (Finlandia, Alemania, Italia y España). Esta estancia de formación está integrada dentro do Programa Erasmus KA1 2017  ‘Camiño a Finlandia’: segunda etapa, como parte do Plan de Internacionalización e Innovación do Centro.

Coa asistencia a este curso, puidémonos acercar de cheo e coñecer un pouco máis o Sistema Educativo Inglés, xa que dende fai anos, veu destacando entre oitros aspectos educativos a nivel internacional, pola súa forma de atender e integrar as necesidades educativas especiais nas súas escolas.

Finalmente, cabe destacar, que xeneralmente a experiencia foi moi positiva e enriquecedora. E que a pesar de que as maiores diferencias que puidemos encontrar foron a nivel de dotación dos recursos materiais e humans nos centros ( sobretodo esta última),  a ratio profesor/alumno xeneralmente tanto en Inglaterra como en moitos países europeos é moito maior que en España. Sen embargo, tanto a nivel  metodolóxico como a didáctico, as diferencias co noso centro son mínimas. Polo que o feedback recibido tra-la estancia, é moi satisfactorio, xa que coa nosa forma de traballar parece que estamos indo polo bó camiño no ámbito educativo.

Con este curso, deuse por finalizado o segundo período de estancias de formación do profesorado no extranxeiro dentro do programa Erasmus +.

 

Back To Top